Mobilisations internationales pour la traduction humaine le 30 septembre 2026
VIGO, GALICE (ESPAGNE)
L’Association galicienne des professionnel·les de la traduction et de l’interprétation (AGTPI) appelle à la « grève », à la suite d’En chair et en os, IA-lerte générale et le Stef, avec une action publique dans le centre de Vigo, devant le Museo Marco, le 30 septembre à 12 heures.

« Défendre notre métier, c’est défendre une société humaine. » Voici son appel en galicien.

«Folga» de profesionais da tradución e da interpretación o 30 de setembro: paramos todo para mobilizarnos!
Chamamento da AGPTI á adhesión da convocatoria promovida polo colectivo francés
En chair et en os, polo sindicato de tradutoras/es da edición en Francia (STEF) e polo colectivo IA-lerte Générale
Este 2026, a AGPTI súmase á mobilización que promoven, por segundo ano consecutivo, os colectivos franceses de profesionais da tradución En chair et en os e IA-lerte Générale, así como o sindicato STEF[1], co apoio doutras entidades e organizacións, co fin de convocar unha «folga» de tradutoras/es no Día Internacional da Tradución (30 de setembro). Unha folga simbólica, porque ese dereito non está garantido na nosa profesión por sermos a gran maioría traballadoras/es autónomas/os, pero que testifica a nosa determinación por defender as nosas condicións de traballo, por rexeitar a IA e as súas nefastas consecuencias, así como por esixir o recoñecemento da nosa profesión.
O vindeiro 30 de setembro será un día de loita colectiva nacional e internacional contra o illamento e a resignación. Aproveitemos a ocasión para encontrarnos, reunirnos, debater e organizarnos.
As enquisas demostran unha crecente precariedade no sector da tradución profesional: as nosas condicións socioeconómicas seguen a degradarse en todos os eidos (tradución editorial, audiovisual, pragmática, científica…). Carecemos de dereitos, págannos menos do que nos corresponde e non dispomos de protección social completa.
Seguimos sen ter:
- Subsidio por desemprego
- Medicina do traballo
- Vacacións pagadas
- Tarifas mínimas
- Tempo de traballo máximo semanal
- Días festivos
- Posibilidade de rexeitar eficazmente que as nosas obras sexan manipuladas pola tecnoloxía co beneplácito do Estado
En resumo, para unha gran parte de nós non existen unhas condicións de «traballo decente» (segundo a denominación da Organización Internacional do Traballo).
Durante este tempo:
- Seguen a impoñernos traballo de balde e mal remunerado como se as nosas competencias fosen unha afección, solicitando probas de tradución gratuítas ou o acompañamento tras a interpretación.
- Case nunca se cobra por urxencia, como tampouco o traballo de noite ou durante as fins de semana.
- As axencias subcontratantes seguen a impoñernos tarifas e algoritmos de IA que adoitan empregar sen que o saiba a súa clientela.
- Os ingresos complementarios, como poden ser bolsas ou axudas, convértense nun recurso fundamental para paliar os escasos ingresos do noso traballo.
- Compañeiras/os de profesión abandonan o sector pola falta de encomendas.
- Cada vez somos máis as persoas que non chegamos ao ingreso mínimo vital.
- As persoas egresadas que se inician na profesión non conseguen facerse un oco no mercado laboral.
A ideoloxía predadora e os intereses económicos que promoven a IA en detrimento do planeta e da xente traballadora seguen avanzando. Nos diferentes ámbitos da tradución, imponse a postedición por riba das condicións de traballo e da remuneración.
No sector do libro, algunhas editoriais pretenden aforrar recorrendo a axencias de tradución con IA; no audiovisual, algunhas cadeas prescinden de profesionais para a subtitulación; no teatro, estase a desenvolver a automatización dos sobretítulos ao amparo de sociedades privadas; na investigación, redúcese o número de contratos coas revistas de humanidades e ciencias sociais… No colectivo de profesionais autónomas/os, non ter clientela directa supón traballar arreo a golpe de clic coa obriga de revisar textos xerados por IA para axencias de subcontratación.
A tradución non é un problema que deba resolverse
Defender o noso traballo é defender unha sociedade humana
Queremos:
- Traballar sen depender da intelixencia artificial xenerativa, que non é máis ca unha nova etapa na automatización do traballo e unha carreira en prol da produtividade, en detrimento das linguas, da seguridade das persoas, do saber facer humano, dun pensamento e unha cultura libres, diversos e abertos.
- Unha continuidade nos ingresos e, máis amplamente, unha cobertura social máis ampla, equiparable ás traballadoras/es por conta allea.
- Unhas condicións de traballo dignas, con remuneracións e contratos decentes que teñan en conta a precariedade inherente á nosa profesión, marcada pola baixada de prezos e o traballo de balde en múltiples tarefas esenciais.
Este mércores 30 de setembro de 2026, animamos a toda aquela persoa tradutora, sexa artista, autora, autónoma ou asalariada, que traballe de xeito independente ou para axencias, a que pare de todo!
Ese día, non traducimos, deixamos os teclados a un lado, non facemos entregas e organizámonos co resto de compañeiras/os para dedicar a xornada a consolidar a nosa solidariedade, a reflexionar e actuar para mellorar a nosas condicións de traballo e existencia.
Con tal motivo, a AGPTI propón unha xornada de xuntanza e mobilización en Vigo, cunha concentración pacífica diante do museo MARCO, o 30 de setembro ás 12:00 h, co obxectivo de manifestar publicamente a degradación da nosa profesión e reivindicar unhas condicións de traballo dignas.

[1] Véxase o manifesto e o programa de actos organizado en Francia en: https://enchairetenos.org/programme-du-30-septembre-a-aubervilliers-93-journee-internationale-de-lutte-des-traducteur%c2%b7ices/
MADRID, ESPAGNE
L’ASETRAD (Association espagnole des traducteurices, correctrices, et interprètes) s’inscrit dans le cadre la journée d’action organisée par En chair et en os, IA-lerte générale et le Stef et propose une rencontre en visioconférence le 30 septembre 2026, de 19h00 à 20h30. Au programme, une table ronde sur la situation du secteur de la traduction dans le contexte de l’IA et sur les actions en cours. Communiqué de presse consultable ici et inscription là (en espagnol).
LISBONNE, PORTUGAL
Le collectif portugais CTRL (Colectivo de tradutores revisores literários) organise un débat intitulé « La création et la machine : IA, langue et traduction » à l’Université de Lisbonne, le 30 septembre 2026, à 15h30, à l’occasion de la Journée internationale de la traduction.

MILAN, ITALIE
Le 1er octobre, ACTA, syndicat italien des travailleur·euses indépendant·es, organise une projection du film Les Sacrifiés de l’IA, d’Antonio Casilli et Julian Goetz, en soutien à notre journée internationale du 30 septembre 2026. Les associations Redacta et Tramiti sont membres de la fédération ACTA.
